Educación e a USC lanzan unha aplicación para acadar a óptima ventilación nas aulas

05 Xaneiro 2021

Este luns 4 de xaneiro presentouse en Santiago unha aplicación para permitir aos nosos centros educativos xestionar os tempos de ventilación das aulas, atendendo polo miúdo aos prognósticos climáticos de cada área xeográfica. “Trátase de dispoñer das mellores condicións de benestar para as actividades escolares” e de calcular as mellores pautas para a circulación do ar, sinalou o conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, na presentación da ferramenta, acompañado do catedrático da área de Electromagnetismo da Universidade de Santiago (USC), Jorge Mira. Detrás desta aplicación atópase un equipo da Facultade de Física da USC, en colaboración coa Xunta. Estará dispoñíbel dende o inicio deste trimestre en ventilacion.usc.es. Ponse a disposición dos centros de xeito voluntario.

O obxectivo, como explicou o conselleiro en rolda de prensa, é “optimizar o tempo de ventilación nas aulas en función das características propias dos centros escolares, tendo en conta a súa contorna e localización e as condicións climatolóxicas facilitadas por Meteogalicia, desa maneira mellorarase o confort térmico nas aulas durante os meses de inverno”. Para iso, os investigadores establecen estratexias de ventilación baseadas nas instrucións aprobadas o pasado mes de outubro polo Comité Educativo co aval do Comité Clínico. Estas indicacións, en liña coas existentes no resto de España, sinalan a ventilación periódica como un elemento imprescindíbel na prevención fronte á COVID-19.

Xunto a Jorge Mira, participaron na presentación o vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez, e Alberto Pérez, profesor da Facultade de Física da USC que desenvolve este proxecto e profesor asociado na Universidade de Harvard. Por parte de Meteogalicia, estivo presente a subdirectora xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, Mari Luz Macho.

Manexo sinxelo e asesoramento

A primeira vez que accedan ao sistema, os usuarios deberán achegar os datos básicos das aulas para as que desexan obter recomendacións específicas (tipoloxía dentro dun menú despregábel, localización, orientación xeográfica, superficie total e de ventilación, altura, media de alumnado, etc). A partir desa información, e cruzada coa predición meteorolóxica, obterán un resumo de datos así como pautas de ventilación.

Estes datos, sinalouse na presentación, permiten a adaptación aos diferentes usos das aulas e mesmo a centros con horarios diferentes. “Así mesmo, pode xerarse un informe en formato PDF para distribuílo entre o claustro de profesores ou nas diferentes aulas”, explicaron.

Partindo da obriga de abrir 15 minutos antes do inicio das clases, 5 minutos entre clases, durante a totalidade do recreo e 15 minutos ao final das clases, do modelo desenvolto por estes expertos da USC derívanse dúas estratexias posíbeis: unha ventilación a media clase (2 a 5 minutos cada 20 minutos aproximadamente) ou dúas ventilacións durante a clase (2 a 5 minutos cada 15 minutos aproximadamente). Isto permite optimizar os tempos de apertura ante situacións climatolóxicas desfavorábeis.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...