Dúas novas vítimas elevan a seis os falecidos na Residencia de Maiores. 24 persoas falecidas en Galicia nos últimos días

Sanidade informou a última hora deste luns da morte de dous homes da Residencia de Maiores de Ribeira de 84 e 83 anos, persoas que faleceron este domingo. O primeiro, na propia residencia, mentres que o segundo fíxoo no Cegadi de Santiago, onde foi trasladado tras contaxiarse pola Covid. Desde o inicio do brote pereceron seis persoas pertencentes ao centro. O martes pasado foron dous residentes de 69 e 87 anos, mentres que o venres fixérono un home de 78 e unha muller de 92.

Por outra banda o SERGAS informa do facelecemento de 24 persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Estes falecementos non se produciron todos hoxe, senón que hai algúns dos últimos días da semana pasada, pero foron validados hoxe por Saúde Pública, logo de confirmarse que faleceran por covid-19:

Día 14:
Muller de 93 anos na residencia integrada Bo Día Sagunto de Vigo. Procedía da residencia Moledo de Vigo.

Día 15:
Home de 63 anos no hospital Vithas Fátima de Vigo.
Muller de 83 anos na residencia San Bartolomeu de Xove..
Home de 88 anos no CHUF.

Día 16:
Home de 86 anos no CHUAC.
Muller 94 anos na residencia DomusVI de Vimianzo.

Día 17:
Home de 79 anos no CHUF.
Home de 61 anos no CHUS.
Home de 84 anos na residencia de maiores de Ribeira.
Home de 83 anos na residencia integrada CEGADI de Santiago. Procedía da residencia de maiores de Ribeira.
Home de 87 anos na residencia integrada CEGADI de Santiago.Procedía da residencia San Bartolomeu de Xove.
Home de 82 anos no CHUVI.
Home de 66 anos no CHUVI. Procedía da residencia Paz e Ben de Tui.
Muller de 74 anos no CHUS.
Muller de 91 anos na Residencia de Maiores Santa María de Verín.
Muller de 92 anos na residencia Santa Teresa de Jornet na Coruña.
Home de 87 anos no CHUAC.
Muller de 90 anos na residencia DomusVI de Vimianzo.
Muller de 91 anos no CHUF.

Día 18:
Muller de 92 anos no CHUAC.
Muller de 57 anos no CHOP.
Home de 87 anos no CHUS.
Muller de 84 anos no CHUF o día 18.
Home de 81 anos na residencia Santa Teresa de Jornet na Coruña o día 18.

Todos eles, agás a muller de 57 anos falecida no CHOP, tiñan patoloxías previas.