Desde este martes alerta laranxa por temporal costeiro en A Coruña e Pontevedra

18 Xaneiro 2021

Chegada dunha fronte moi activa cara á noite do mates. Durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos. Co avance da tarde os ceos iranse cubrindo e comezarán as chuvias que pola noite chegarán a toda Galicia e serán especialmente intensas na metade costeira atlántica. As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos, de novo con xeadas na provincia de Ourense. O vento soprará forte do sur, con refachos moi fortes á noite no litoral e zonas altas……

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro no noroeste e oeste do litoral coruñés por ventos do sur ou sureste de forza 8 e mar combinada do suroeste con ondas de ata 6 metros

Tamén se activará a alerta laranxa por ventos do sur e suroeste con refachos de ata 100 Km/h na madrugada do mércores na Mariña lucense

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web axega112.gal

Prognóstico do tempo para o martes 19 de xaneiro

No mar: Vento variable á mañá, do sur á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.