Continúan as obras da Piscina Municipal de Boiro

13 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro comunicou hoxe que continúan as obras nas instalacións deportivas da Cachada. En concreto, aquelas relacionadas coa reparación e substitución dos falsos teitos dos corredores, da instalación e do vaso da piscina municipal. O proxecto conta co financiamento da Deputación Provincial da Coruña, cun orzamento total de 84.710,02 euros.

As obras levaranse a cabo no interior e no exterior das instalacións, xa que se desexa eliminar os problemas de filtracións de auga que existían e vaise mellorar a iluminación do establecemento, ademais de embelecer a súa imaxe.

Neste momento estase a realizar a renovación da teitume do vestíbulo e o paso que comunica a piscina, o ximnasio e o polideportivo, co fin de corrixir as filtracións pola corrosión dos elementos metálicos da estrutura. Cando isto remate, procederase á colocación de falsos teitos e láminas de aluminio resistentes á corrosión, tanto no paso de comunicación como no vaso da piscina. Por último, farase a substitución do alumeado existente por un led de baixo consumo cun certificado específico para ambientes cunha humidade alta ou corrosiva.

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...