Comeza o proceso de expropiación de terreos para facer unha senda accesíbel até o Castro de Baroña

07 Xaneiro 2021

Os obxectivos do Concello de Porto de apostar pola accesibilidade en parques, praias e contornas urbanas (por exemplo no proxecto de humanización da explanada portuaria, hoxe en día en proceso de materialización) son tamén aplicábeis a un dos principais reclamos turísticos e históricos do termo municipal, o Castro de Baroña. Segundo confirmou recentemente o Concello, estanse a sentar os alicerces para permitir a visita ao enclave castrexo a todo tipo de colectivos de persoas con mobilidade reducida.

A orixe da iniciativa, que xa ten o apoio da Xunta, remóntase a uns cantos atrás. Segundo explicou o alcalde, Luis Oujo, trátase de facer que o castro sexa un espazo inclusivo e, ademais, mellor conservado. Por certo que xa comezou o proceso para expropiar os terreos precisos para favorecer a requirida accesibilidade. Son unha ducia de predios pequenos con cuxos propietarios non lle foi posíbel ao Concello chegar a acordos que impedisen o procedemento de expropiación.

Este proceso iniciado os días pasados é o paso previo ao inicio das obras de habilitación da senda accesíbel que permitirá aos colectivos de persoas con mobilidade reducida chegar a rentes do castro: un vieiro inclusivo e libre de obstáculos que chegue até o primeiro miradoiro do enclave castrexo.

De xeito paralelo a este proceso, quérese avanzar na protección do poboado e a súa contorna, prexudicado estes últimos anos non só polos factores climáticos e naturais, senón tamén (e sobre todo) pola acción humana, xa que, como lembrou o alcalde Luis Oujo, é un tesouro histórico que ten máis de 100.000 visitas ao ano. Con este fin de mellorar a protección e avanzar na súa conservación, o Concello pediu a colaboración da Consellería de Cultura, xa que se trata dun traballo de “mantemento obrigatorio” que economicamente, a Administración local non ten capacidade para asumir.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.