Cinco novos positivos na residencia de Ribeira elevan a 91 os afectados pola COVID. Falecen 16 persoas en Galicia por Coronavirus

20 Xaneiro 2021


A Consellería de Política Social notificou que hai outros cinco residentes que deron positivo nas probas para detectar o virus. En total, o brote neste centro de maiores afecta a 70 internos e a 21 traballadores, e xa se cobrou a vida de oito usuarios, dos que seis foran trasladados ao Centro Galego de Desenvolvemento Integral ( CEGADI) en Salgueiriños( Santiago), e dous faleceron nas propias instalacións ribeirenses nos últimos días.

Os empregados afectados atópanse pasando a corentena nas súas vivendas, uns 26 usuarios contaxiados continúan no CEGADI e o resto está illado no propio centro de maiores de Ribeira.

Sanidade e Política Social seguen á evolución deste foco da COVID-19 por se fose necesario intervir a residencia.

Mentres aumenta a preocupación polo aumento de casos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, xa que os ingresos na UCI do Clínico dispáranse e alcanzan os 26 enfermos con covid, a cifra máis alta en toda a pandemia.

Por outra banda o SERGAS informa a última tarde de hoxe da morte de 16 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, o que eleva as vítimas mortais a 1.566.

Home de 88 anos, no CHUO; Muller de 89 anos, no CHUO; Home de 90 anos; no CHUS,; Muller de 84 anos, no CHUS; Muller de 85 anos, no CHUS; Home de 80 anos, no CHOP; Muller de 81 anos, no CHOP; Home de 77 anos, no CHUVI; Home de 83 anos, no CHUVI; Muller de 84 anos, en POVISA; Home de 56 anos, en POVISA; Muller de 96 anos, no CHUVI.(procedente da residencia Paz y Bien de Tui); Home de 95 anos, no HULA. (procedente da residencia A Pastoriza); Muller de 80 anos. Falece na residencia Santa María de Verín; Muller de 91 anos. Falece residencia DOMUSVI de Vimianzo; Muller de 87 anos. Falece na residencia Santa María de Verín.

Todos eles presentaban patoloxías previas

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal acolle este sábado a I Regata Remo de Mar Mecalsa

A praia dos Areos acollerá este sábado, 18 de xullo, a I Regata Remo de Mar Mecalsa, unha cita organizada polo Club Remo da Pobra e a Federación Galega de Remo que reunirá deportistas das categorías alevín, infantil e cadete nas modalidades C1X e C2X.  A xornada dará...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.