Chega a borrasca “Justine” con vento e choiva

28 Xaneiro 2021

A partir da tarde deste venres 29 ata o sábado 30 a #BorrascaJustine situarase ao sur de Irlanda, deixando un temporal de inverno en Galicia e máis zonas da península ibérica. O máis significativo será a situación complicada no mar.

Así estaremos nunha borrasca de 971 mb ao noroeste de Galicia. Atención para venres: Ventos do sudoeste forza 7-8 e ondas por riba dos 4 metros ao final do día.

Galicia quedará durante o venres na influencia da borrasca Justine que se moverá polo Cantábrico, deixando chuvias e ventos fortes. Deste xeito, agárdanse ceos moi anubrados ou cubertos, con chuvias xeneralizadas ao final do día que serán máis cuantiosas canto máis cara a costa de Galicia. As temperaturas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente sur-sudoeste, fortes en xeral.

Na nosas costa este venres teremos vento do sur á mañá, do sur á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 5 á mañá, 5 a 7 á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade mala. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.

Prognóstico para as 10 horas do sábado 30

Cámaras web da comarca  (algunha cámara pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...