Catro falecidos máis elevan a 1.503 as vítimas da pandemia en Galicia

16 Xaneiro 2021


As autoridades sanitarias informaron da morte doutras catro persoas con covid-19 que elevan a 1.503 as vítimas da pandemia en Galicia ata a data.

Trátase de tres homes e unha muller que se atopaban ingresados en hospitais. Todos tiñan patoloxías previas e ningún estaba vinculado a residencias.

Dous dos decesos tiveron lugar no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde faleceron nas últimas horas un home de 81 anos e unha muller de 87.

Os dous óbitos restantes corresponden a un home de 66 anos que se atopaba hospitalizado no CHOP de Pontevedra e a outro home de 98 anos que permanecía ingresado no Hospital de Verín.

Outros artigos

Identificadas as candorcas que entraron na ría de Arousa

O Grupo de Traballo Orca Ibérica-GTOA identificou as catro candorcas que este luns 2 de agosto pola tarde entraron na ría de Arousa. As imaxes foron tomadas por Kari Korhonen a bordo do barco CHASULA durante un programa de observación de aves mariñas.  Os exemplares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

Carta a los visitantes, viajeros, casi residentes, propietarios, que han decido pasar el verano o las fiestas en esta nuestra Barbanza. No me parece a mí adecuado llamaros turistas, pues quien viene un año, regresa al siguiente y el embrujo, el enamoramiento de estas...