Cáritas recolle 25.012 quilos de roupa en Boiro

23 Xaneiro 2021

O convenio para a colocación de contedores de roupa, asinado entre o Concello de Boiro e Cáritas de Santiago, supuxo a recolección dun total de 25.012 quilos de roupa.
A recollida lévase a cabo a través de cinco colectores de roupa, situados en distintos puntos do municipio. Dous sitúanse na praza da Mancounidade, un na igrexa de Santa Baia, outro na estrada xeral de Cabo de Cruz e un en Escarabote. Anteriormente o convenio só contaba con catro colectores pero, debido á gran afluencia de residuo téxtil que se depositaba neles, tivo que colocarse un máis na praza da Mancomunidade.
Nos contedores situados na Mancomunidade recolléronse 7.674 quilos, no situado na Igrexa de Santa Baia, 7.058 quilos, no de Cabo de Cruz, 5.662 quilos, e no de Escarabote 4.618 quilos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...