Boiro baixa positivos pero prosegue coas restricións na mobilidade, na hostalería e nas xuntanzas

04 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro celebrou este luns 4 da xaneiro a primeira xuntanza do ano da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19, dirixida a facer balance da incidencia da pandemia no municipio e revisar as medidas vixentes ata o momento para a redución dos contaxios. Segundo se informou, os novos positivos detectados na última semana “seguen a descender”, pero o municipio “continúa hoxe en nivel máximo de alerta polo que as restricións seguen a ser as mesmas. Isto quere dicir que Boiro proseguirá pechado perimetralmente, con limitacións ás xuntanzas (catro persoas non convivintes de máximo) e con horario de establecementos hostaleiros limitado (até as 18.00 horas e co 50% da súa capacidade máxima).

No relativo ás restricións determinadas polo propio Concello, continúan pechados os parques infantís, as pistas e as instalacións deportivas de titularidade municipal e seguen aprazadas as actividades culturais e deportivas.

No relativo á programación de Reis prevista para este martes, vaise levar a cabo “seguindo todas as medidas de seguridade para evitar que se formen aglomeracións e cumprindo coas demais medidas de seguridade e hixiene pautadas polas autoridades sanitarias, para o que se vai contar con especial vixilancia da Policía Local e Protección Civil durante o desenvolvemento da actividade”, informou o Concello.

O Goberno local engadiu que os corpos de seguridade local extremaron na fin de semana a vixilancia e o control da poboación para garantir que se cumprisen as restricións decretadas. Así, nos últimos días interpúxose unha sanción por incumprimento do toque de queda, polo que “se levan tramitadas 36 multas dende que o municipio entrou no nivel máximo de restricións”.

O Concello de Boiro está pendente das decisións das autoridades sanitarias para relaxar as mediadas de seguridade e traballar en conxunto para a redución dos contaxios e control da pandemia no municipio.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.