Boiro abre as instalacións deportivas de exterior para a práctica de deporte federado

07 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro vén de informar das actuacións que se levan a cabo dende o Goberno local en relación coa pandemia e as restricións á actividade deportiva. Segundo confirmou, a boa evolución da situación epidemiolóxica no municipio fixo que se determinase comezar a apertura progresiva das instalacións deportivas municipais de exterior, exclusivamente para a práctica de deporte federado.

Esta medida supón a atenuación das disposicións adoptadas o día 2 de decembro a nivel local, cando o Concello de Boiro decretou o peche temporal de instalacións municipais e cancelou as actividades culturais e deportivas para “frear a curva de contaxios”. Logo de que o número de novos afectados pola pandemia diminuíse e ante o inicio da actividade dos clubs locais (que precisan facer uso das dependencias municipais para os adestramentos), tomouse a decisión de “permitir a partir deste 7 de decembro o emprego das instalacións deportivas de exterior para a práctica de deporte federado”.

O Concello fai saber que as entidades que así o desexen “teñen que facer unha solicitude ao departamento de deportes e cumprir cos protocolos sanitarios xerais decretados polas autoridades sanitarias e, de xeito particular, os da federación correspondente para a práctica de deportes”. E engade: “En ningún caso se vai permitir o acceso de persoas alleas á actividade ou club a ditas instalacións. Estas medidas están suxeitas á evolución da situación epidemiolóxica do municipio e ás restricións impostas polas autoridades sanitarias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.