Até 4.500 estudantes de ESO participaron nas visitas en liña da mostra sobre Nós

18 Xaneiro 2021

A mostra Galicia, de Nós a nós (unha ollada á xeración dos artistas e intelectuais que crearon a revista Nós, entre os que se atopaba o rianxeiro Castelao) rematou a súa estadía no Museo Centro Gaiás superando os 15.000 visitantes, aos que se suman os 4.500 estudantes de secundaria que participaron no seu programa de visitas en liña. Os vindeiros pasos da mostra vaina levar a Ourense e Pontevedra.

Organizada pola Xunta e a Deputación de Ourense, a mostra é a segunda gran exposición do Xacobeo 2021 e a gran proposta do Goberno galego para celebrar en 2020 do centenario da revista Nós. Este domingo foi o último día para visitala na Cidade da Cultura.

Con máis de 300 pezas, achegouse como “o proxecto expositivo máis ambicioso realizado ata o de agora sobre a Xeración Nós e o seu legado, exhibindo obras procedentes de Francia, Alemaña e Portugal que poñen o foco nas conexións internacionais da revista e dos seus impulsores”, informou a Xunta.

Galicia, de Nós a nós foi tamén a primeira exposición do Gaiás á que o alumnado galego puido achegarse sen saír do centro de ensino, grazas a un programa pioneiro de visitas didácticas por vídeo-conferencia. O obxectivo desta vertente activa en outubro é levar as exposicións do Museo Gaiás ás aulas e “dar continuidade na Rede ao seu consolidado programa didáctico de visitas”.

Entre outubro e ata este venres 15 de xaneiro, sumaron 4.485 os alumnos ESO e Bacharelato que, tirando proveito da tecnoloxía, puideron afondar na historia e legado da revista e a Xeración Nós grazas a esta exposición e sen desprazarse dos seus centros de ensino, “nun momento no que as actuais medidas de contención da pandemia limitan as saídas escolares programadas”, explicou a Xunta.

Tras a súa estancia no Museo Centro Gaiás, a mostra comezará unha itinerancia no Centro Cultural Marcos Valcárcel, en Ourense, onde se poderá visitar entre o 18 de febreiro e o 18 de abril de 2021. A continuación, entre o 20 de maio e o 11 de xullo de 2021, a mostra fará recalada no Museo de Pontevedra.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.