Antón Romero, de Porto do Son, deu forma cos seus debuxos ao novo vídeo-clip de Os Resentidos

19 Xaneiro 2021

O 14 de xaneiro subiuse ao Youtube o vídeo-clip do novo tema da lendaria banda galega Os Resentidos, que regresou con este tema, logo de moitos anos de separación, á primeira liña da música en galego. Estamos a falar do Nautilus, que xa acadou en poucos días a cifra destacada de máis de 1.100 reproducións. Dáse a circunstancia de que o vídeo-clip foi confeccionado cos debuxos de Antón Romero Piñeiro, un artista de 14 anos de Porto do Son que presenta trastorno do espectro autista (TEA).

As creacións deste neno barbancés gardan relación co mar e as súas criaturas. Así, vanse fundindo no traballo audiovisual que supón o regreso musical de Os Resentidos, a banda máis orixinal de pop galego dende os anos 80.

Antón xa presentara un catálogo cos seus debuxos anteriormente. De feito, estas ilustracións encóntranse gardadas baixo o título Ou mundo máxico de Antón. O neno iniciouse na pintura con tan só dous anos.

Agora os seus debuxos son acollidos polos Resentidos. Desta forma, animais como baleas, luras xigantes e outros seres mariños están en constante movemento durante o desenvolvemento do vídeo clip.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.