Ampliada ata o 16 de xaneiro a campaña de vacinación da gripe

01 Xaneiro 2021

A Dirección Xeral de Saúde Pública decidiu prorrogar a campaña de vacinación contra a gripe de 2020 ata o 16 de xaneiro, ou ata esgotar as doses, co obxectivo de que se poidan vacinar contra esta infección todas aquelas persoas que aínda non o fixeron.

Así, informou Sanidade, a ampliación da campaña está destinada tanto para aquelas persoas que pertencen ás poboacións nas que a vacinación está indicada, como para o resto de poboación que o desexe.

A campaña de vacinación antigripal deste ano superou xa moitos dos obxectivos fixados para o exercicio 2020. Así, os datos actuais reflicten que o 76,32% do persoal sanitario xa se vacinou, así como o 63,66% das mulleres embarazadas, o que cobre o obxectivo da campaña.

Respecto a as persoas de 65 ou máis anos, na actualidade xa se vacinou o 71,38%, 11 puntos por encima da pasada campaña e preto do 75% marcado como obxectivo. A estas alturas, informa Sanidade, aínda non se detectaron virus gripais en Galicia.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.