Amicos presenta a súa axenda 2021

21 Xaneiro 2021

A entidade Amicos, con sedes en Oleiros (Ribeira) e Comoxo (Boiro), presentou estes días o que podería ser, definitivamente, o agasallo perfecto para este comezo do ano: a axenda de 2021 da asociación, un caderno en branco para encher “de novos proxectos ilusionantes e organizar as nosas ideas do día a día”.

Dende a asociación engaden que o interior da axenda vén cun deseño moi especial, con fotos de lembranzas fermosas da actividade cotiá da comunidade de usuarias e usuarios e chea de “plans de presente e de futuro que estamos desexando que vexades”, sinalan. Tamén conta con todas as ferramentas necesarias para organizar o día a día: axenda telefónica, calendario, datas destacadas…

Quen estea interesado en facerse cunha axenda de Amicos, pode facelo nas dúas dependencias da asociación: no Centro Integral Amicos de Comoxo (Boiro) e no CEEPR Amicos Oleiros (Ribeira). Tamén se poden facer reservas a través do enderezo community@amicos.org ou o teléfono 981 865 716.

Outros artigos

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.