Alta de 5 pacientes da Residencia de Ribeira. Pechada Praia Xardín en Boiro. Galicia rexistra 20.481 casos activos pola Covid

26 Xaneiro 2021

O SERGAS informa a alta de 5 usuarios de Domusvi Ribeira o que sitúa os positivos en 36 residentes e 5 traballadores o que eleva a 41 os casos activos. As vítimas elevanse a 10 trala morte onte de dous residentes tal como informamos en O Barbanza.

Por outra banda a aparición dun caso positivo de covid na escola infantil Praia Xardín de Boiro levou á dirección do centro para pechar todas as instalacións como medida de precaución e a enviar a casa aos 26 alumnos, así como ao persoal docente, que deberán permanecer en corentena. O pequeno contaxiouse no ámbito familiar.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.481, deles 5.389 son da área da Coruña, 1.798 da de Lugo, 2.866 da de Ourense, 1.940 da de Pontevedra, 3.630 da área de Vigo, 3.242 da de Santiago, e 1.616 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 170 están en UCI, 1.031 en unidades de hospitalización e 19.280 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 67.473 persoas curadas, rexistrándose 1.649 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.345.340.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 70.390.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...