Accidentes en Boiro deixan dous feridos

30 Xaneiro 2021

Dous condutores resultaron feridos nun par de saídas de vía ocorridas durante a tarde no municipio de Boiro.

O primeiro accidente tivo lugar na parroquia de Escarabote no lugar de Peralto un vehículo impactou contra un farol que acabou arrincando.

O segundo foi nas curvas de Lamas, en Cespón. O turismo levou por diante uns valos. Ambos os automobilistas foron trasladados en ambulancia ao hospital comarcal. Ata o lugar dos accidentes acudiron integrantes do servizo de emerxencias municipal, Policía Local e Garda Civil.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro actuaron esta tarde en un accidente en Cespón no Concello de Boiro xunto Policía Local de Boiro, Garda Civil, ambulancia 061 e SMPC de Boiro

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.