A Xunta apoia ás federacións de Confrarías de pescadores para impulsar a competividade do sector

16 Xaneiro 2021

As catro entidades que agrupan ás 63 confrarías galegas beneficiaranse este
ano de máis de 400.000 euros para facer fronte a gastos derivados da súa
actividade e á implantación de melloras para optimizar o seu labor.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidirá a sinatura dos convenios de colaboración entre a Consellería e as federacións de confrarías de pescadores de Galicia. Na sala de xuntas da Consellería (2º andar, enriba da cafetería). foto xoán crespo

A Consellería do Mar colabora un ano máis coas catro federacións de confrarías de pescadores de Galicia -a galega e as provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra- para promover o seu papel de representación do sector pesqueiro a través das 63 entidades existentes na comunidade autónoma galega que contan con máis de 13.000 profesionais afiliados. Con ese obxectivo, as catro federacións beneficiaranse este ano de máis de 400.000 euros en axudas para afondar nas súas capacidades de organización e representación e mellorar a súa competitividade.
Desa cantidade, máis de 332.000 euros enmárcanse nos convenios asinados esta semana pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e os presidentes das federacións, un acto que estivo presidido pola conselleira do Mar, Rosa Quintana. Estes apoios teñen como obxectivo facer fronte a gastos correntes derivados do seu funcionamento, o que permite atender pagamentos relacionados coa contratación de persoal, arrendamentos ou reparacións, entre outros.
A estes acordos de colaboración súmanse outros que están en tramitación -materializaranse nos próximos meses- e dos que se benefician tamén as catro organizacións de confrarías para o desenvolvemento de accións que melloren a competitividade da actividade marítimo- pesqueira. Os 75.000 euros destinados a esta partida permiten apoiar accións como a
organización de xornadas formativas e divulgativas de temas de interese para o sector e na mellora da tecnoloxía e a administración electrónica para facilitar a actividade das federacións.
Con estes apoios o Executivo galego busca afianzar a cogobernanza e a coxestión do medio mariño entre a Administración e o propio sector e poñer en valor o labor das federacións na representación e defensa dos intereses do sector marítimo-pesqueiro co obxectivo de impulsar a súa competitividade e a súa sustentabilidade. Neste sentido, a través deste tipo
de colaboracións, a Consellería do Mar busca tamén recoñecer o importante traballo destas entidades no coidado dos recursos pesqueiros e marisqueiros e na defensa do futuro do sector.

Outros artigos

O programa Saudade puxo en valor a gastronomía do Barbanza

Este luns 14 de xullo celebrouse no Barbanza a primeira xornada de Saudade, evento organizado por Turismo da Deputación que reúne en diferentes puntos da provincia a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín do 14 ao 15 de xullo co obxectivo de promocionar o sector...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

“Carta á alcaldesa de Santiago”.  José Luís Calo

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.