A hostalería da comarca mobilízase este venres

14 Xaneiro 2021

Ribeira e Pobra concentraranse diante dos consistorios na tarde deste venres.

A hostalería ribeira ten previsto realizar este venres ás 18.30 horas, na praza do Concello, unha concentración para reclamar un plan de rescate.

O Concello deu a coñecer que apoiará a mobilización. Desde o grupo de goberno local indicouse que todo o esforzo realizado para axudar ao sector para soportar os efectos da pandemia procederon do propio Concello, da Deputación e da Xunta.

O executivo ribeirense apela a unha maior implicación do Goberno central mediante a convocatoria de axudas directas para o sector. O Concello apoiará o fondo de cooperación promovido pola Xunta para canalizar as axudas á hostalería. A previsión é que os concellos acheguen o 20 % dos fondos, que outro 30 % proceda das deputacións e o 50 % restante sexa da Xunta.

Pola súa banda os hostaleiros da Pobra efectuarná tamén unha concentración ás 18.30 horas fronte á casa do concello para reclamar un plan de rescate para o sector.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.