A Deputación percorre a nosa costa na súa campaña de promoción turística

09 Xaneiro 2021

A área de Turismo da Deputación da Coruña percorre a través dunha serie de seis vídeos os 956 km de costa da provincia, dentro da súa campaña de promoción turística. O obxectivo é difundir un dos principais recursos da provincia con imaxes do litoral desde Ortegal até  Rianxo.

Dando corpo ao lema da campaña de promoción turística da Deputación da Coruña “956 km de costa e un camiño infinito dan para moito”, a área de Turismo difunde seis vídeos promocionais que fan un completo percorrido polo litoral da provincia desde o aire, con especial fincapé nas principais praias da costa e a paisaxe sobrecolledora dos cantís, pasando pola beleza dalgúns portos mariñeiros.

“De Ortegal a Mugardos” , “De O Barqueiro a Cariño”, “De Ferrol a Malpica”, “De Malpica a Fisterra” , “De Fisterra a Portosín” e “De Portosín a Rianxo” son as seis etapas deste programa audiovisual que mostra a costa da Coruña como un dos seus principais recursos de atracción turística do territorio e un dos atractivos singulares para a remontada do sector.

Os vídeos distribúense nas redes sociais da área de Turismo e as xerais da  Deputación da Coruña e están accesíbeis tamén na páxina web institucional.

As imaxes arrancan co litoral do proxecto do xeoparque Cabo Ortegal que visita, ademais do propio cabo, os Cantís de Herbeira, Santo Andrés de Teixido, Punta Candieira, Cedeira, Punta Frouxeira, Cabo Prior, Ria de Ferrol e Mugardos na primeira das etapas para seguir, na segunda, no Barqueiro, Estaca de Bares, Loiba, Ortigueira e Cariño. A Ria de Ferrol, Ares, Lorbé, A Marola, A Coruña, Praia de Barrañán, Caión, Baldaio, Razo, Malpica continúan a produción que mostra a espectacular costa da Coruña, un dos seus principais atractivos dos xeodestinos turísticos da Coruña.

Desde Malpica a Cabo Fisterra, pasando por  Praia de Seaia, Santo Adrián do Mar, Illas Sisargas, Punta Nariga, O Roncudo, Corme, Esteiro do Río Anllóns, Laxe, Praia de Soesto,Traba, Camelle, Paria do Trece, Monte Branco, Cemiterio dos Ingleses, Cabo Vilán, Camariñas, Punta da Barca, Cabo Touriñán e Nemiña son as imaxes que se inclúen no cuarto dos vídeos que se adentra na Costa da Morte, territorio que se completará no quinto audiovisual con imaxes de Fisterra, Castelo de Cardeal, Corcubión, Caneliñas, Monte Pindo, O Ezaro, Illas Lobeiras, Praia de Carnota, Punta Lariño, Monten Louro, Muros, Illa da Creba, Ponte Nafonso, Ría de Noia, Portosín, e as Illas Lobeiras.

 Finalmente, o ciclo péchase en Rianxo, despois de pasar Portosín, Porto do Son, Castro de Baroña, Praia das Furnas, Corrubedo, Aguiño, Mirador da Pedra da Rá, Ribeira, Illa de Sálvora, Illa da Rúa, Pobra do Caramiñal e Boiro.

Outros artigos

O programa Saudade puxo en valor a gastronomía do Barbanza

Este luns 14 de xullo celebrouse no Barbanza a primeira xornada de Saudade, evento organizado por Turismo da Deputación que reúne en diferentes puntos da provincia a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín do 14 ao 15 de xullo co obxectivo de promocionar o sector...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

“Carta á alcaldesa de Santiago”.  José Luís Calo

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.