A Deputación mantén o nivel de contratación na súa rede cultural

26 Xaneiro 2021

A Rede Cultura da Deputación da Coruña mantén o seu nivel de contratación en comparación con outros anos, a pesar das limitacións impostas pola COVID- 19. De feito, das 1.307 actuacións concedidas entre o 2020 e este novo ano, tan só se cancelaron 51.

Por tanto, a Rede Cultural mantivo a programacións dos concellos que se canalizou por medio do circuíto provincial. Xurxo Couto, o deputado de Cultura sinalou que “os datos demostran que durante este ano o sector puido facer cultura ao vivo con garantías sanitarias. Houbo cambios de datas e ampliáronse os prazos incluíndo o primeiro trimestre do ano, pero finalmente non se viu mermado o nivel de contratación. Isto é fundamental para manter a empregabilidade da cultura”.

Aínda quedan dous meses para o peche do período de programación, que finaliza o 31 de marzo. No obstante, 1.192 actividades xa foron programadas por 90 concellos, fronte ás 1.165 da edición anterior.

Debido á situación sanitaria e pola necesidade de afondar no apoio ao sector profesional, nesta edición non se realizou o programa Alicerces para entidades. O circuíto de actuacións non profesionais en entidades limitouse á programación dos concellos. Sen embargo, preténdese recuperar o programa cando a situación o permita.

Nesta edición, a Rede Cultural contou cun orzamento de 1.400.000 euros, co que se cubriu o total das solicitudes dos concellos, ademais de dar a posibilidade dunha petición complementaria que incrementou o volume de contratación.

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.