A Deputación financia con 94.733 euros as obras de renovación das beirarrúas de Obre, en Noia

19 Xaneiro 2021

A Deputación da Coruña anunciou que vai financiar a reparación da beirarrúa norte da estrada AC-550 ao seu paso polo núcleo de Obre, no concello de Noia. O ente provincial destina 94.733,86 euros con cargo ao Plan Único para levar a cabo esta actuación, que se atopa en fase de licitación.

A Deputación lembra que “na actualidade a beirarrúa conta con graves deficiencias, presentando gretas, lousas rotas e bordo desnivelado e con roturas, onde a vexetación comeza a xurdir”. Así pois, “levaranse a cabo tarefas na zona que vai do número 2 ao 26, no Obre, para corrixir estes problemas e dotar aos peóns dun espazo accesíbel e seguro para o seu tránsito”, explica a entidade, engadindo que “para a nova beirarrúa dispoñerase un pavimento de formigón armado de cor gris, con acabado semipulido”.

Dentro do proxecto renovarase tamén o sistema de recollida de pluviais, que se atopa atascado na actualidade, así como a tubaxe de abastecemento de auga potable e as acometidas das vivendas.

As obras están en fase de licitación e as empresas que estean interesadas en presentar as súas propostas poderán facelo ata o 3 de febreiro de 2021.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.