A Deputación amplía o prazo para participar na IV Edición dos Premios PEL

07 Xaneiro 2021

A Deputación da Coruña comunica a ampliación do prazo para presentar as candidaturas da IV Edición dos Premios PEL. A data límite será o vindeiro 28 de xaneiro, na que repartiranse 5 premios (1 por cada categoría) de 15.000 euros cada un.

Os premios contarán así con 5 categorías. Unha delas estará dirixida a recoñecer iniciativas innovadoras, realizadas tanto por empresas como por concellos, que contribuíran na loita contra a COVID-19.

En definitiva, a 1º categoría terá un premio á mellor iniciativa empresarial nova, que estará destinado a autónomos/as e empresas da provincia constituídas nas anualidades 2019 ou 2020. A 2º categoría, dará un premio a unha iniciativa empresarial consolidada e será para autónomos/as e empresas da provincia constituídas en 2015 ou en anos anteriores. Mentres, o gañador da 3º categoría recibirá un premio por presentar unha iniciativa innovadora na loita contra a COVID-19. Isto será para autónomos/as, empresas e concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. As 2 últimas categorías ofrecerán 2 premios, un deles o recibirá o mellor concello promotor de emprego de calidade (destinado aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes) e o outro, será para unha asociación empresarial, agrupación ou federación de empresarios e empresarias da provincia.

Cabe mencionar que soamente poderase presentar 1 candidatura por categoría, a excepción dos concellos, que poderán presentar candidaturas para o 3º e 4º premio.

A presentación de iniciativas realizarase de forma telemática a través da plataforma SUBTeL da Deputación. Do mesmo xeito, as bases reguladoras e a convocatoria poderanse consultar na páxina web do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...