A comarca terá inversións viarias e medioambientais do Estado

24 Xaneiro 2021

O Ministerio de Transición Ecolóxica acometerá outros proxectos no litorial coruñés, con actuacións previstas en Noia e Porto do Son entre outras localidades.

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, mantivo sendas reunión cos xefes da Demarcación de Estradas de Galicia e da Demarcación de Costas de Galicia para analizar as principais prioridades en materia de infraestruturas na provincia coruñesa, que este ano recibirá un importante impulso a través dos orzamentos xerais do Estado, nos que se prevén 86,15 millóns destinados a estas actuacións viarias, ademáis de poner en marcha proxectos medioambientais por importe de máis de 52 millóns de euros. .

A posta en marcha do saneamento da ría do Burgo e da reforma da avenida da Alfonso Molina son dúas das principais actuacións que acometerá o Goberno, desbloquedando desta maneira históricas peticións e reivindicacións da cidade da Coruñae a a súa área metropolitana. O inicio da construcción da pasarela peonil de Pedralonga é a primeira fase do proxecto da rede viaria tan demandada polos coruñeses.

Na reunión coa Demarcación de Estradas, Pilar López-Rioboo recordou que A Coruña é a novena provincia española que máis gasto total terá en materia de estradas, de tal maneira que se sitúa no 88,8% por encima da media estatal en este concepto, o que da idea do compromiso do Goberno coa provincia en materia de infraestruturas viarias.

De feito, a inversión prevista para estradas no primeiro orzamento aprobado por este Goberno incrementase no 12,9% respecto ao anterior, cun aumento de case 10 millóns de euros na inversión.

A subdelegada do Goberno tamén fixo especial fincapé no gasto que se desenvolverá na conservación e explotación das estradas, para o que se destinarán 10,1 millóns de euros este ano. A dotación de novos asfaltados e as melloras na rede estatal de estradas en materia de seguridade, sinalización, drenaxe e estruturas, será por tanto tamén unha das prioridades do Executivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...