A campaña pobrense Raña e gaña xa case repartiu a totalidade dos agasallos

04 Xaneiro 2021

A campaña Raña e gaña prosegue na Pobra até a festividade de Reis, activa dende o 28 de novembro co obxectivo de “dinamizar a economía local” e crear unidade arredor do comercio local. Segundo informou o Concello, co-impulsor da iniciativa, xa se repartiron máis de 85.000 tarxetas nos 71 establecementos comerciais e de servizos do termo municipal, incrementándose a cifra de rascas prevista. Estes datos tradúcense na entrega de case a totalidade dos agasallos -arredor de 600- por un importe total de case 20.000 euros.

A iniciativa naceu da unión de forzas do Concello, a Asociación de Empresarios da Pobra, a Asociación do Pequeno Comercio Deán e a Asociación de Profesionais da Praza de Abastos coa colaboración de empresas que quixeron achegar o seu gran de area: CONGALSA, Rianxeira/Escurís, Camping Ría de Arosa, Conservas Ortiz, Conservas Ramón Franco e DS Smith Cartogal.

Dende a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), debúllanse como obxectivos desta iniciativa “a xeración de ilusión, achegar un grande escaparate dos establecementos e produtos e servizos que ofertan, apoiar un sector imprescindíbel para a vida económica do concello e incentivar o consumo interno ao tempo que se atraen potenciais clientes”.

Por cada dez euros de compra nos locais que toman parte desta campaña entrégase un rasca que pode presenta-la lenda Grazas por apoiar o comercio local ou os premiados que especifican o agasallo xunto co establecemento onde se debe recoller. No caso concreto das contribucións das empresas colaboradoras xa referidas, a persoa agraciada deberá acudir co seu rasca á Oficina de Turismo, onde o persoal municipal se encargará da xestión, pois os artigos permanecerán alí expostos. A atención ao público é de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Entre os establecementos participantes figuran tendas de roupa, alimentación, deportes, centros de estética, froitarías ou informática, entre outros. A variedade tamén é salientábel nos agasallos: dende produtos alimentarios a un smartphone, pasando por ceas, tratamentos de beleza, complementos ou vales de compra, os cales son só algúns dos exemplos.

Ademais, os locais contan cun distintivo nun lugar visíbel.

Canto ás achegas por parte das empresas colaboradoras atópanse lotes de produtos, dúas rutas en quad pola ladeira do monte da Curota, menús realizados por varios restaurantes e unha viaxe familiar a Eurodisney, entre outros. O período estipulado para recoller os premios será ata 28 de febreiro de 2021.

Outros artigos

BNG denuncia a “ameaza permanente” da mina de San Finx

A pobrense Rosa Pérez, deputada do BNG, reclamou hoxe na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento á Xunta que paralice calquera concurso para a explotación da mina de San Finx, en Lousame, ata que se execute unha restauración ambiental integral...

+

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...