A borrasca ‘ Hortensia’ trae alertas por ventos e choivas fortes

21 Xaneiro 2021

Toda Galicia permanecerá en aviso este venres pola incidencia da borrasca “Hortensia”, que recruará os seus efectos sobre a comunidade con fortes precipitacións e ventos que pasarán en moitos puntos os 100 quilómetros hora. Isto provoca que case toda Galicia quede en alerta laranxa.

Agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente. Vento forte do Sudoeste do xoves pola mañá ó xoves pola noite; e forte do Oeste o venres pola noite.
En canto ó estado da calidade do aire, mellorará a bo.

No noso mar teremos vento do sudoeste á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 7 a 8 á mañá e á noite e 6 a 7 á tarde. Vaga á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá, 4 a 5 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...