A Asociación Ambar lanzou a sétima edición do seu calendario solidario

08 Xaneiro 2021

A Asociación Ambar, con sedes en Ribeira e na Pobra, realizou por sétimo ano consecutivo o seu Calendario Solidario, que celebra o cinema con valores sociais a través de carteis de películas e un traballo minucioso de caracterización, vestiario e deseño.

Cabe mencionar que a iniciativa non se cancelou, a pesar da situación complicada que se está a vivir, xerada pola COVID – 19. Así, a organización coidou moito as medidas de seguridade e recorreu a portadas máis individuais, para que se houbera que retomar o confinamento, a aprendizaxe non se vira reducida.

O Calendario Solidario é posíbel debido á colaboración de moitas persoas. Para cooperar coa Asociación Ambar, os usuarios deben escribir ao enderezo comunicacion@asociaciónambar.org. Doutra banda, aqueles que queiran recibir o calendario, poderán reservalo a través do correo electrónico ou chamando ao 981 874 480. O prezo do mesmo é de 7 euros ou 3, dependendo do tamaño.

Nun vídeo xa habilitado en Youtube pódese visualizar o traballo que realizou a asociación, xunto aos seus colaboradores para a crear o calendario.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...