718 novos casos da COVID en Galicia aumentan a presión hospitalaria

10 Xaneiro 2021


A Covid segue disparado en Galicia e nas últimas 24 horas rexistraronse máis de 700 novos contaxios, 661 mediante probas PCR. Os casos activos seguen crecendo e rozan xa os 8.000, 400 máis. A presión hospitalaria aumenta e a taxa de positividade está aínda moi afastada dos niveis do 5% que recomenda a OMS.

Con estes datos esperase que a Consellería de Sanidade eleve aínda máis as restricións a próxima semana, cando se volverá a reunir o comité clínico.
Sergas informa que o número de persoas hospitalizadas con coronavirus volveu a crecer en Galicia 16 máis, o que fai un total de 421 persoas, 61 en unidades de coidados intensivos (UCI).

A taxa de positividade das PCR é este domingo do 7,5%, o que supón unha baixada de dous puntos con respecto á xornada anterior. Tamén descenden os positivos nun día en Santiago foron 88, 81 menos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.