Un veciño de Boiro de 71 anos nova vítima da COVID na comarca. Ribeira segue subindo positivos

19 Decembro 2020

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como a situación vai empeorando no conxunto de Galicia, con especial incidencia en localidades como Ribeira con 10 novos positivos e Vilagarcía de Arousa con 13.

A última vítima mortal é un veciño de Boiro de 71 anos de idade. O home faleceu onte no hospital Clínico, onde estaba ingresado, e ao parecer tiña patoloxías previas. A súa morte súmase á doutro home, un veciño de Ribeira de 69 anos, que morreu na súa casa o pasado martes. Antes deles, a última vítima da que hai constancia na comarca era un octoxenario de Noia que estaba hospitalizado no CHUS e faleceu o pasado 24 de novembro. Desde o inicio da pandemia, na área sanitaria de Santiago e Barbanza perderon a vida como consecuencia da Covid 176 persoas preto de 40 delas vinculadas á comarca.

Por outra banda a conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciou este sábado que dou positivo en coronavirus, de forma que permanecerá uns días confinada.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.