Un gol no último minuto priva ao Noia FS do triunfo

07 Decembro 2020

O Noia Portus Apostoli volveu da súa visita a Ceuta cun valioso empate (3-3), nun encontro no que estivo sempre por diante, pero que deixou escapar no último minuto de partido.

Alex Naranjo na disputa dun balón contra dous defensas da UA Ceutí

Chegaba o cadro noiés á última xornada da primeira volta cun pleno de vitorias, en fronte estaba o UA Ceutí, que, a pesares de disputar tan só catro partidos de liga, situábase como un dos favoritos ó ascenso. Non defraudou o encontro, que comezou cun ritmo frenético por parte de ambos conxuntos, tentando dominar co balón e territorialmente, apertando arriba a saída de balón na busca dun erro que lles permitise adiantarse no marcador. Tras un par de ocasiones sen moito perigo, unha xogada a balón parado, permitiu que Álex Naranjo tocara o xusto o balón para desvialo do alcance de Dani Cabezón, para poñer en vantaxe ó Portus Apostoli no 17’. O cadro ceutí tentou reaccionar, pero chegaría o descanso.

Os segundos vinte minutos foron unha auténtica tolemia, unha homenaxe ó fútbol sala. Na primeira xogada de perigo tralo reinicio, Antonio Diz cabeceou un balón para colocar o 0-2 e poñer terra de por medio. A UA Ceutí respondeu a base de intensidade e roubos en campo rival. Dous roubos na saída de balón provocaron que, primeiro Sufián no 25’, e logo Saúl no 26’, puxeran as táboas no electrónico. O partido parecía que ía rematar caendo do lado dos locais, pero Pirata, logo dun contragolpe, volvería a poñer por diante ós noieses, a falta de oito minutos. Tocáballe sufrir ó cadro de Marlon Velasco, e así o fixo, pero sen recompensa final. A falta de un minuto para o remate do encontro, Víctor Cachón poñía o definitivo 3-3 no marcador.

O Noia Portus Apostoli FS remata así a primeira volta no máis alto da táboa de clasificación con 19 puntos de 21 posibles e co Móstoles como principal perseguidor a 6 puntos. O cadro de Marlon Velasco xa comeza a preparar o partido da primeira xornada da segunda volta da Segunda División na que visitará ó Talavera.

Outros artigos

Recuperada unha motocicleta roubada en Noia

Os axentes da Policía Local de Noia están a informar da recuperación dunha motocicleta que fora subtraída esta mesma semana: unha Vespa clásica de cor gris, do ano 1960 e recentemente restaurada, polo que tiña un gran valor para os seus propietarios. O vehículo foi...

+

Proseguen en Noia os traballos de limpeza en Orro, Eiroa e Pedrachán

O Concello de Noia retomou o programa Limpamos Noia! con novos traballos de acondicionamento e adecentamento en estradas e infraestruturas, destinados non só a mellorar o aspecto das mesmas senón tamén a seguridade e a funcionalidade. "O noso obxectivo é seguir...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

Lalín ten o premio de Gastronomía máis prestixioso de España, que leva o nome de Álvaro Cunqueiro (1911-1981), escritor, xornalista e gastrónomo mindoniense. O realismo dunha terra de paisaxes que semellan un tapiz multicolor, onde a xeografía se admira sobre un lenzo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.