Tres novos colexios afectados pola COVID-19 na comarca elevan a 76 os alumnos afectados

18 Decembro 2020
Tres novos colexios sumáronse á listaxe de centros afectados polo virus que publica a diario a Consellería de Sanidade: o CEIP de Abanqueiro, o Ramón de Artaza e Malvárez de Muros e o Santa Irene de Porto do Son. En cada un deles detectouse un positivo.

O coronavirus afecta xa a 36 instalacións educativasdo Barbanza que suman 76 afectados, unha cifra que non deixou de crecer en toda a semana. Na xornada de onte, incrementáronse os casos no instituto Número Un de Ribeira, que con dous novos positivos suma un total de cinco; no tamén ribeirense CPR Sacro Corazón, que ten dous; no Heroínas de Sálvora, que contabiliza outros dous; e no CEIP de Escarabote e o IES Virxe do Mar de Noia, que cun contaxio máis cada un alcanzan os catro afectados.

Baixan os positivos en dous recintos boirenses, os institutos da Cachada e Praia Barraña, o primeiro queda con dous casos tras rexistrarse dúas altas e o segundo ten seis contaxiados, un menos que a xornada anterior. O que non variou con respecto aos días precedentes é o número de aulas pechadas como consecuencia da pandemia, que seguen sendo seis: unha na escola infantil de Praia Xardín, outras dúas nos centros noieses Felipe de Castro e María Assumpta, unha máis no CEIP Praia Xardín de Boiro, e os dous restantes nas ribeirenses Heroínas de Sálvora e Frións.

RIBEIRA: CEIP Heroínas de Sálvora 2, CEIP de Frións 2, CEIP Palmeira 1, CPR Sagrado Corazón 2, CPR Galaxia 1, CIFP Coroso 3, CEIP Heroínas de Sálvora 2, CEIP de Frións 2, CEIP Palmeira 1, CPR Sagrado Corazón 2, CPR Galaxia 1, CIFP Coroso 3; A POBRA: IES A Pobra 2 e CEP Pilar Maestú 2; BOIRO: A Galiña Azul (Praia Xardín) 1, CEIP Cespón 2, CEIP Escarabote 4, CEIP Abanqueiro 1, CEIP Praia Xardín 2, CEIP Santa Baia 3, CEIP Santa María do Castro 1, IES Espiñeira 3, IES A Cachada 2, IES Praia de Barraña 6; RIANXO, CEIP Castelao 3, IES Félix Muriel 2; PORTO DO SON, CEIP Santa Irene 1, IES Porto do Son 2; NOIA, CEIP Felipe de Castro 3, CPR Jaime Balmes 1, CPR María Assumpta 8, IES Campo de San Alberto 1, IES Virxe do Mar 4;

Mentres os falecidos con coronavirus en Galicia ascenden a 1.336 tras a morte de catro persoas A Consellería de Sanidade comunicou catro falecidos con coronavirus nas últimas horas –todas con patoloxías previas–, de forma que o total de vítimas en Galicia ascende ata 1.336.

Dous destas persoas gardaban relación con residencias: unha muller de 104 anos (da residencia San Antonio de Beariz) e unha muller de 84 falecida no Chuvi (procedía da residencia Vila do Conde de Gondomar).

Pola súa banda, os outros dous óbitos son os dunha muller de 70 anos no hospital de Pontevedra, así como un home de 91 anos no CHUO de Ourense.

Estas catro defuncións son menos que as cinco notificadas o xoves. Son as mesmas que as catro do mércores e martes, pero menos que o pasado luns –sete–.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.