Stop Deshaucios Barbanza traballa coa Valedora e o IGVS para evitar que fique na rúa unha familia vulnerábel en Ribeira

04 Decembro 2020

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza vén de informar de que dende a oficina da Valedora do Pobo, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia e dende a propia entidade anti-desaloxos da nosa comarca, estase a traballar arreo para evitar que unha familia de Ribeira fique na rúa “sen alternativa habitacional”. A orde está prevista para este 17 de decembro, a instancias do Xulgado Número 1 da dita localidade.

A plataforma lembra que hai unhas semanas xa se presentou un escrito ante o propio Xulgado ao obxecto de que “se lle recoñeza a situación de vulnerabilidade á devandita familia”, o que, unido ao importante número de vivendas coas que segundo apunta Stop Deshaucios conta o demandante, propicie a suspensión do lanzamento ou ben que se obrigue á Administración a garantir aos afectados unha alternativa para residir.

Desde a Plataforma Stop Deshaucios Barbanza tamén manifestan publicamente a confianza en que, este vindeiro martes, o Consello de Ministros poida decretar a paralización ou suspensión dos despexes para as familias vulnerábeis e sen alternativa para residir. “Somos conscientes de que non é a solución definitiva, pero axudaría a manter a esperanza para moitas familias que xa teñen sinalado día e hora para o desafiuzamento”, engade a entidade cidadá, que tamén mostrou a súa satisfacción polo incremento do IPREM, o índice utilizado para o acceso ás axudas para as familias máis desfavorecidas de face a poder acceder ao subsidio por desemprego, á asistencia xurídica gratuíta, para as axudas ao aluguer, etc.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El acuerdo UE–Mercosur” – José Castro López

“El acuerdo UE–Mercosur” – José Castro López

El Parlamento europeo envió al Tribunal de Justicia el acuerdo entre la UE y Mercosur, presentado como un hito histórico que creaba el área de libre comercio mayor del mundo, una respuesta al proteccionismo de EE.UU. y una oportunidad para reforzar la posición global...

“Bórtolo”. Xulio Xiz

“Bórtolo”. Xulio Xiz

Cando en 1967 nacía aquela fermosura radiofónica que se chamaba Radio Popular de Lugo, mozos e mozas poboadores daquela marabilla sonora poderiamos cantar canda Serrat aos nosos gozosos vinte anos. Era unha iniciativa relixiosa, gobernada por civís que nos fixemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.