Stop Deshaucios Barbanza e o Concello de Ribeira seguen a traballar para evitar que fique na rúa a familia de Ribeira con orde desaloxo para este xoves

16 Decembro 2020

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza vén de informar dos traballos de urxencia que se están a realizar para evitar que fique na rúa unha familia de Ribeira que ten sinalado para este xoves 17 de decembro ás 11.00 horas o lanzamento (desafiuzamento) do seu fogar por falta de pagamento de rendas de aluguer.

A plataforma explica que parte deste traballo a contrareloxo estase levando a cabo dende o Concello de Ribeira e dende a alcaldía. Tamén fai saber que se trata dunha familia de tres membros con problemas de saúde, e que a paralización do proceso (ou a procura de opcións habitacionais para residir) serían, tamén, un xeito de protexelos contra a COVID-19, “polo estado de emerxencia que vive neste intre o municipio”.

Amais do traballo do Goberno local e o rexedor Manuel Ruiz, no caso tamén xuntaron forzas a oficina da Valedora do Pobo, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia e máis a propia entidade anti-desaloxos da nosa comarca.

A orde está prevista para este 17 de decembro, a instancias do Xulgado Número 1 da dita localidade. A plataforma recorda tamén que xa se presentou un escrito ante o propio Xulgado ao obxecto de que “se lle recoñeza a situación de vulnerabilidade á devandita familia”, o que, unido ao importante número de vivendas coas que segundo apunta Stop Deshaucios conta o demandante, propicie a suspensión do lanzamento ou ben que se obrigue á Administración a garantir aos afectados unha alternativa para residir.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.