Sete novos falecidos en Galicia eleva a 1.393 as vítimas mortais

30 Decembro 2020


A Consellería de Sanidade notificou este mércores o falecemento de sete persoas con coronavirus na comunidade, co que a cifra de vítimas mortais da pandemia ascende a 1.393.

Na última xornada faleceu unha muller de 94 anos e outra de 93 no Hospital de Vigo, a última delas procedente da residencia CRAPD-II. En Povisa, tamén na cidade olívica, morreu unha muller de 89 anos.

Por outra banda, notificouse o falecemento dunha muller de 76 anos que permanecía no seu domicilio, na área sanitaria de Santiago, concretamente no municipio de Touro, e dun home de 84 anos ingresado no Clínico de Santiago.

Finalmente, as dúas últimas vítimas mortais son un home de 76 anos ingresado no Hospital de Ferrol e outro home de 75 ingresado no Hospital de Pontevedra.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.