Sanidade fai un cribado masivo en toda a hostalería de Boiro para frear os contaxios

04 Decembro 2020

O Concello de Boiro, en resposta á solicitude efectuada á Sanidade para a realización dun cribado masivo que detectase posíbeis casos asintomáticos e frease o espallamento da COVID-19 no termo municipal, acolle dende hoxe un seguimento exhaustivo de contaxios no sector da hostalería. En concreto, a Consellería de Sanidade comezou este venres a convocar ao persoal traballador dos establecementos do sector en Boiro para facer un cribado masivo de probas PCR.

O Concello de Boiro fixo a solicitude das probas á Consellería de Sanidade o pasado 23 de novembro, cando o municipio chegou ao nivel 3 de alerta. As autoridades sanitarias comunicaron na tarde deste xoves ao Concello a intención de comezar o cribado masivo por todo o persoal traballador do sector da hostalería e detectar posíbeis focos e, se fose preciso, estendelo á poboación xeral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...