Requisados 1.500 metros de artes de enmalle en Castiñeiras e máis de 2.000 quilos de peixe e marisco en operativos contra o furtivismo na costa galega

08 Decembro 2020


Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 2.000 quilos de distintas especies de peixe e marisco, preto de 300 útiles e máis de 8.000 metros de artes de enmalle
en diferentes controis realizados nos últimos días no litoral de Galicia. Os operativos máis importantes desenvolvéronse entre as rías da Coruña e Ferrol, onde os axentes comisaron preto de 370 quilos de distintos produtos do mar e se incautaron de 20 útiles e máis de 6.500 metros de artes de enmalle.

A ría de Arousa foi escenario de varias actuacións que se saldaron coa retirada de 1.500 metros de artes de enmalle, cinco nasas e 185 quilos de produtos do mar. A máis importante produciuse na zona de Castiñeiras, onde os gardacostas se incautaron de 1.500 metros de artes de enmalle e cinco nasas e comisaron 145 quilos de centola, 15 quilos de choco, un
quilo de abadexo e un quilo de peixe porco, todas por estar sen identificar.
Os controis realizados na ría de Muros e Noia permitiron requisar 118 útiles -entre eles 106 cacharros, que son útiles ilegais- e preto de 40 quilos de distintas especies mentres que as inspeccións na ría de Pontevedra se saldaron con 69 útiles incautados e 46 quilos comisados. Na ría de Camariñas comisáronse preto de 18 quilos de produtos do mar e
incautáronse catro nasas e na ría de Vigo requisáronse 68 nasas e dous quilos de polbo.
A estes operativos por mar sumáronse outros en establecementos en terra nos que o Servizo de Gardacostas comisou preto de 1.400 quilos de peixe e marisco. A actuación máis importante produciuse nunha depuradora, onde os axentes requisaron máis de 1.350 quilos de ameixa xaponesa que carecía dos documentos que avalasen a súa trazabilidade. Os axentes levantaron a correspondente acta de infracción e trasladaron o produto para a súa destrución.


Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...