Reabriu o parque infantil do paseo de Labarta en Noia

01 Decembro 2020

A Concellería de Parques e xardíns do Concello de Noia dirixida por Ana García Álvarez comunicou a apertura, o pasado venres, do parque infantil do paseo marítimo de Labarta.

Segundo engadiu o dito departamento, nos días previos leváronse a cabo distintos labores de reparación na contorna do espazo de lecer, poñendo o foco en acondicionar e arranxar un dos seus principais elementos, a construción con feitura de barco, e na posta a punto doutros xogos e brinquedos co obxectivo de “restablecer a actividade lúdica con todas a medidas de seguridade”.

Dende a Concellería tamén lanzan un chamamento á cidadanía para que contribúa a garantir e manter o bo estado da instalacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...