A progresiva melloría do tempo adianta un Nadal seco e soleado aínda que máis fresco

21 Decembro 2020

O martes un centro de baixas presións situarase ao noroeste de Galicia xerando circulación do sur intensa. Así, comezaremos a xornada cos ceos cubertos en xeral, e chuvias na fachada atlántica. Co avance do día as chuvias irán remitindo e iranse abrindo claros de xeito que a tarde será seca e con alternancia de nubes e claros. Á noite chegará unha fronte, que deixará chuvias na metade oeste. As temperaturas non terán cambios significativos, con pouca oscilación térmica. O vento soprará de compoñente sur, moderado con intervalos fortes en terra, e vento forte no mar.

O MAR

O martes teremos na rías baixas vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 4 a 6 á noite. Forte marusía, visibilidade mala e mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.