Peches perimetrais e a posibilidade de endurecer medidas irán este luns ao último comité clínico antes de Nadal

20 Decembro 2020


Conselleiro Sanidade Julio García Comesaña

O comité clínico de expertos que asesora á Xunta en materia da Covid-19 reunirase este luns, día 21 de decembro, na que será a súa última xuntanza antes das festas de Nadal. No encontro analizarase o mapa de peches perimetrais e o plan específico para estas datas, sobre o que planea a posibilidade de endurecer restricións se a situación epidemiolóxica empeora. O presidente da Xunta mantivo o pasado venres que por agora non habería cambios.

En canto aos peches perimetrais, un dos puntos relevantes a tratar será a situación de Santiago de Compostela, cuxa mala evolución levou aos expertos hai unha semana a elevar as medidas ao nivel medio de restricións e a impoñer de novo o peche perimetral, que a capital galega había abandonado, xunto con Ourense, antes da ponte de decembro.

Nunha entrevista na Radio Galega o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, volveu a advertir que a posibilidade de endurecer as restricións “sempre está encima da mesa” dada a evolución de determinadas áreas, aínda que tamén ratificou a “boa tendencia” que non faría “descartable” a reapertura da Coruña.

Preguntado sobre a posibilidade de que a Comunidade galega se peche mesmo a persoas que volvan para reunións familiares, Julio García Comesaña volveu a avisar de que “a situación pode cambiar” e podería estudarse no comité deste luns.

Outro dos elementos que se tratarán no comité do luns será o plan de Nadal, no que se recomenda que as festas se celebren co grupo de convivencia propio, como mellor opción, cun máximo de dous núcleos familiares ou, se fosen máis, limitadas a seis persoas, sen contar os nenos de 10 ou menos anos. As autoridades sanitarias aclararon desde o primeiro momento que as medidas poderían experimentar alteracións segundo a evolución da pandemia.

Con iso, un dos puntos que xera máis expectativa é a posibilidade de modificar o relativo á limitación de mobilidade á hora de reunirse con familiares. Segundo o plan orixinal, tal e como tamén recoñece a norma estatal, os galegos poderán entrar ou saír de zonas perimetradas –toda Galicia, a nivel autonómico, estarao entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro– para comer ou cear coas súas familias.

Outros artigos

As festas do Carme dos Pincheiros contan cun Espazo Violeta

O Concello da Pobra do Caramiñal contará cun Espazo Violeta durante as festas do Carme dos Pincheiros 2026. O punto estará situado na praza do Alcalde Segundo Durán e permanecerá operativo durante catro xornadas das celebracións. O Espazo Violeta estará dispoñíbel o...

+

Rianxo acollerá esta “finde” unha nova edición do Rock in Rian

Rianxo acollerá os vindeiros 14 e 15 de agosto unha nova edición do Rock in Rian, un festival que converterá o Parque de Galiza nun punto de encontro para a música galega e que conta co apoio da Deputación da Coruña, a través dunha achega de 29.000 euros da liña...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.