Os Reis Magos percorrerán todas as parroquias de Boiro nun Bus Real adaptado á realidade COVID

30 Decembro 2020

A Concellería de Cultura do Concello de Boiro deu a coñecer este mércores 30 a programación de actividades para o 5 de xaneiro, planificadas con motivo da tradicional Cabalgata de Reis, un itinerario que este ano virá marcado, de xeito inevitábel, pola necesidade de garantir ao máximo a seguridade sanitaria da poboación. Isto afectará ao propio percorrido, que non será o mesmo que o doutros anos, e que obrigará á cidadanía a adaptarse a unha proposta remodelada. O Concello quixo manter esta actividade, malia a situación de pandemia, “porque é unha oportunidade para que as nenas e nenos do municipio poidan gozar dun día máxico con todas as medidas de seguridade”.

A Cabalgata, materializada nun Bus Real, levarase a cabo en todas as parroquias do municipio. A idea é que ningunha crianza fique sen visitar aos Reis e entregar a súa carta. “A situación sanitaria non nos permite que a Cabalgata se celebre como é habitual, pero non queremos deixar aos nenos sen a ilusión deste día máxico e especial para eles”, afirmou a concelleira de Cultura, María Outeiral.

Co devandito obxectivo, deseñouse unha ruta que Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados dos paxes reais, farán para percorrer todas as parroquias “seguindo todas as medidas de hixiene e seguridade”. Asi, durante a visita das súas maxestades será obrigatorio o uso de máscara, a desinfección de mans e o mantemento da distancia de seguridade.

O autobús real iniciará o seu percorrido pola mañá e a primeira parada será en Cures, ás 12.00 horas, na praza da Igrexa. Ás 13.00 horas estarán en Macenda, xunto a Igrexa, a carón do campo de golf, e ás 14.00 horas estarán na Igrexa de Bealo. O percorrido continúa pola tarde por Cespón, onde pasarán ás 16.00 horas pola praza de San Roque, en Abanqueiro estarán ás 17.00 horas xunto o Centro Social e chegarán a Cabo de Cruz ás 18.00 horas, xunto a Lonxa. Ás 19.00 horas estarán en Boiro, na praza do Concello e o percorrido rematará en Escarabote ás 20.00 horas, xunto a Igrexa, antes da misa que se celebrará na Igrexa de Lampón ás 21.00 horas coa presenza dos Reis Magos e con capacidade limitada.

O Concello de Boiro conta coa colaboración da veciñanza de Lampón e tamén con Autos R. Outeiral. A actividade está pensada para nenos e nenas, para que “poidan ver desfrutar deste día”, polo que o Goberno local fixo un chamamento para “que se eviten as aglomeracións e que se sigan todas as medidas de seguridade pautadas polas autoridades sanitarias para previr que se produzan contaxios”.

Outros artigos

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.