Os bateeiros, confrarías e acuicultores que fomenten actividades sustentables poden optar a axudas

27 Decembro 2020

O ‘Diario Oficial de Galicia’ publicou esta semana a convocatoria de 2021 destas achegas destinadas a investimentos produtivos, á eficiencia enerxética e a servizos de asesoramento no ámbito da acuicultura.

Os bateeiros, as confrarías de pescadores e os acuicultores que promovan unha actividade sustentable poderán beneficiarse de máis de 11,5 millóns de euros. A Xunta pon a disposición do sector esta contía no marco da convocatoria de 2021 de axudas para apoiar os investimentos produtivos, o incremento da eficiencia enerxética e o fomento do uso de fontes de enerxía renovables, así como os servizos de asesoramento técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura. A través destas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), Galicia poderá subvencionar ata o 50% das inversións que fomenten unha actividade sustentable.
Así o especifica a orde da convocatoria de 2021 destes apoios publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia. En concreto con eles poderase subvencionar ata o 50% das inversións que realicen as microempresas, pequenas ou medianas empresas –con menos de 250 empregados e cun volume de negocio anual igual ou inferior a 50 millóns de euros- e ata o 30% dos investimentos que realicen as grandes empresas.
A primeira das liñas conta con 11 millóns de euros e destínase aos investimentos produtivos.
A través dela a Consellería do Mar poderá subvencionar, entre outros aspectos, actuacións para diversificar a produción e para modernizar as instalacións neste sector, incluíndo a adquisición de equipos. Tamén poderá subvencionar investimentos na mellora da calidade do produto ou para incrementar o seu valor.
A segunda liña de subvencións é a destinada ao incremento da eficiencia enerxética e ao uso de fontes de enerxía renovables e conta con 400.000 euros. A terceira e última é para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico e teñen como obxectivo mellorar o rendemento global e a competitividade das
explotacións acuícolas e promover o respecto medioambiental. A esta última liña destínanse 160.000 euros.
As achegas para investimentos produtivos e á eficiencia enerxética están dirixidas a todas as pequenas, medianas e grandes empresas mentres que das de asesoramento poderán beneficiarse microempresas e pemes.

Achegas á innovación
Os bateeiros, as confrarías de pescadores e os acuicultores que promovan unha actividade sustentable tamén poden acceder a achegas destinadas a proxectos de innovación desenvolvidos en colaboración con organismos científicos ou técnicos recoñecidos polo Estado ou pola comunidade autónoma de Galicia e tamén coas universidades públicas e
privadas. A convocatoria de 2021 destas achegas tamén foi publicada esta semana no DOG e a ela a Consellería do Mar destina 1,7 millóns de euros.
A través delas son subvencionables os proxectos que teñan como obxectivo o desenvolvemento de coñecementos técnicos, científicos ou organizativos nas explotacións acuícolas, que reduzan o impacto no medio ambiente e que impulsen un uso sustentable dos recursos na acuicultura, melloren o benestar das especies ou faciliten novos métodos de produción sustentable, entre outros aspectos. Tamén son obxecto de axuda as iniciativas que busquen a introdución no mercado de novas especies, produtos e procesos ou sistemas de xestión e organización novos ou perfeccionados. Entre os proxectos subvencionables están ademais aqueles que teñan como fin o estudo da viabilidade técnica ou económica de produtos ou procesos innovadores.
Subvencionarase con carácter xeral o 50% dos investimentos que fagan as pemes, o 30% dos das grandes empresas, o 75% dos investimentos que realicen as organizacións de produtores, asociacións de organizacións de produtores ou asociacións interprofesionais e o 60% dos que fagan outras organizacións de beneficiarios colectivos. Esa porcentaxe pode chegar ao 100% cando se trate de proxectos dunha peme, dunha organización de
produtores, asociacións ou outras organizacións de beneficiarios colectivos e que sexa de interese colectivo, cun beneficiario colectivo e con características innovadoras a escala local.
Os beneficiarios interesados en cursar as solicitudes de ambas convocatorias poderán consultar os requisitos e a documentación necesaria nas ordes que publicou esta semana o DOG. O prazo de presentación de solicitudes para ambas convocatorias será dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...