O secretario xeral de Cultura salienta o labor do Museo do Gravado de Artes a prol da figura de Curros Enríquez

16 Decembro 2020

O pasado 11 de decembro celebrouse no Museo de Gravado de Artes (Ribeira) a inauguración da exposición Airiños d’a miña terra. O gravado V33, coa que o museo quere conmemorar o 140 aniversario da publicación da devandita obra capital das nosas letras, obra do ilustre poeta Curros Enríquez, peza fundamental do noso Rexurdimento. Na apertura da mostra participou o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, quen gabou a iniciativa levada a cabo polo Museo do Gravado, xa que “pon en valor a figura de Curros Enríquez a través da súa produción literaria, neste caso coa edición ilustrada dunha das obras mestras do Rexurdimento da literatura galega como é Aires d’a miña terra, que se publicou por primeira vez en 1880”.

Para esta edición, o museo ribeirense contou coa colaboración da Real Academia Galega, que emprestou a primeira edición orixinal da obra de Curros, o que axudou a elaborar este volume con gravados realizados mediante o sistema patentado polo catedrático da Universidade de Salamanca José Fuentes, denominado V33. Trátase dun sistema innovador para o estampado que se caracteriza pola achega dun composto material baseado no carburo de silicio, o carborundo, que non resulta contaminante, o que permite traballar en espazos pechados e crear gravados en positivo.

Os resultados dos obradoiros de gravado foron impartidos no propio museo baixo a dirección do artista e profesor Antonio Navarro. Ademais, nas ilustracións tamén participaron artistas como Manuel Ayaso, Maralla, Pura Villar, Héitor Picallo, Alba Mariña Souto, Marian Paredes e Yolanda Herranz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.