O prazo para inscribirnos na edición máis virtual e solidaria da Sin-Son10K está aberto até o día 18

11 Decembro 2020

Quen queira inscribirse para participar na nova edición da tradicional carreira Sin-Son 10K, que este ano vén con formato virtual co obxectivo de garantir a saúde das e dos participantes, aínda ten até o 18 de decembro para facelo. A carreira impulsada como cada ano por estas datas polo Concello de Porto do Son a través da súa área de Deportes tivo que adaptarse á nova realidade da COVID-19, e fíxoo transformándose nunha experiencia online e afondando na súa vertente (tan necesaria nestes tempos) solidaria (o recadado irá dar a asociacións e entidades locais de apoio social). De feito, o lema que acompaña a iniciativa este ano fala por si só desta vontade de botar unha man a quen o precisa a través do deporte: Sumamos quilómetros, compartimos solidariedade.

Como lembraremos, a cota é de 5 euros e a inscrición pode facerse na web Emesports e a aplicación Rockthesport, que se pode descargar de balde nos móbiles de cada quen. Compartiranse nas redes sociais as fotos das e dos participantes, que se implicarán na proba deportiva a través da devandita ferramenta móbil e mediante cinco modalidades diferentes: a carreira virtual de 10 quilómetros, a carreira virtual de 5 quilómetros, a carreira virtual 3K e a carreira virtual 1k, ao que suma a opción de dorsal 0, que permite facer doazóns sen participar na proba.

A carreira en si mesma realizarase entre os 19 e 20 de decembro de 2020. O procedemento é similar ao dunha carreira convencional, pero, desta volta, o dorsal é descargado polo propio participante a través da devandita plataforma. A carreira celebrarase entre as 8:00 do sábado día 19 de decembro e as 23:00 do domingo día 20 de decembro. Durante este prazo cada deportista deberá afrontar a distancia na que se inscribiu sendo o control a través da dita ferramenta móbil, que deberá instalarse no teléfono ou dispositivo móbil. Unha vez finalizado o percorrido o sistema recollerá o seu tempo que ademais poderá compartir en redes sociais. Tamén poderemos facernos fotos co dorsal e subilo ás redes sociais.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.