O mércores unha fronte trae choiva pola mañá e claros pola tarde

22 Decembro 2020


O mércores Galicia queda na influencia dunha borrasca situada ao norte que enviará unha fronte fría durante a mañá. Así, nas primeiras horas do día predominarán as nubes baixas con chuvascos e a partir do mediodía irán abríndose claros e remitindo as chuvias. As temperaturas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán pola mañá do suroeste frouxos con intervalos de moderado no interior e fortes no litoral, rolando a norte progresivamente, frouxos no interior e moderados na costa.

Pouco a pouco o tempo mellora e os días 24, 25 e 26 teremos ceo despexado.

Prognóstico mércores 23 de decembro 2020

No mar teremos Vento do sur, forza 6 a 7. Media vaga. Visibilidade mala á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...