O mel non caduca trae o teatro de novo a Ribeira

01 Decembro 2020

Os ribeirenses poderán volver a desfrutar dunha mostra de teatro, logo de que o Concello de Ribeira decidise retomar a celebración de actos culturais. O espectáculo encargado de reiniciar este tipo de actividades será O Mel non caduca.

A función terá lugar no Auditorio Municipal de Ribeira a partir das 20:30 horas. Todas as persoas que queiran acudir, poderán facelo de forma gratuíta. O Concello de Ribeira estableceu un aforo limitado de 60 persoas, por mor da COVID-19.

As persoas interesadas en asistir á Mostra de Teatro deberán inscribirse no correo electrónico culturaefestexos@ribeira.gal. A solicitude, dispoñible ata as 13 horas do venres 4 de decembro, terá que incluír nome, apelidos, lugar de residencia, teléfono e relación de convivintes. As portas do Auditorio Municipal abrirán media hora antes para facilitar o acceso de forma ordenada.

O mel non caduca é unha comedia teatral para público adulto no que se fai unha lectura crítica e humorística da nosa relación cos obxectos que, polas presións da industria e os seus interese, acaban morrendo antes de tempo (iso que se vén chamando obsolescencia programa e que deixa en moi mal lugar aos electrodomésticos actuais con respecto aos que tivemos a sorte de usar en décadas pasadas). O mel non caduca, que tamén é unha ollada sobre os hábitos que nos levan dereitiños á destrución do planeta, está dirixida por Santiago Cortegoso e conta no seu elenco con Maríán Bañobre e Avelino González.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.