O IV Trail San Silvestre de Lousame completa as 400 prazas de inscricións e abre lista de agarda

14 Decembro 2020

O vindeiro 27 de decembro terá lugar o IV Trail de San Silvestre de Lousa “Castelo de San Mamede”, no espazo natural de San Lorenzo (Tállara,Lousame) e conta con todas as prazas cubertas a máis de unha semana do seu inicio. “Imos a abrir unha lista de agarda en www.emesports.es para aquelas persoas que aínda non se apuntaran e miraremos se poden competir ou non”, dixo o técnico de Deportes de Lousame, Néstor Romero, tentando dar unha solución para todos os interesados.

O Trail de San Silvestre conta con dúas probas, unha longa que saíra ás 10:00 horas do domingo 27 no espazo natural de San Lourenzo cunha distancia de 25 km. Doutra banda, o trail curto, de 14 km, sairá ás 11:00 horas. En ámbalas dúas probas está anotados 200 participantes.

Ademais, segue aberta a inscrición na andaina solidaria en favor da Asociación Galega de Heteroplaso Ósea Progresiva (ASGPOH) do sábado 26 decembro. A día de hoxe só están cubertas 68 das 300 prazas ofertadas. A iniciativa ten como obxectivo de axudar na investigación desta enfermidade rara, coa colaboración dos 6 euros de inscrición ou ben a través do Dorsal 0 na páxina www.emesports.es, onde se pode realizar unha achega de mínimo 1 euro e máximo de 100 euros.

Pola contra, as inscricións no Pequetrail están tendo unha boa acollida, e xa hay 30 participantes para a proba que se realizará ás 16:15 horas do sábado 26 de decembro no espazo natural de San Lourenzo. Tódalas probas realizaranse e estarán supervisadas baixo un estrito protocolo por mor da COVID-19.

Outros artigos

Activo un incendio forestal na parroquia de Lesende, en Lousame

O lume orixinouse pasadas as 17:30 horas deste venres e polo de agora descoñécese a superficie provisional afectada. Medio Rural mobilizou un amplo despregamento con catro avións, nove helicópteros e trece brigadas. A.C. Bombeiros Boiro Os servizos de extinción...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.