O curso de redeiras de GALP e o Concello do Son entrega cadanseus diplomas ás participantes

22 Decembro 2020

A pasada semana finalizou o curso de redeiras impulsado polo GALP (Grupo de Acción Local Pesqueira) e o Concello de Porto do Son ao longo desta recta final do outono e comezos do inverno. Foron 300 horas de formación, tras as cales as e os participantes obtiveron un certificado que lles facilitará a incorporación ao mercado laboral.

Os contidos do curso trataron (entre outros) temas como a clasificación e a confección de artes e aparellos de pesca, a interpretación dos apeiros, o emprego de materiais para os utensilios, a elaboración de palangres ou a prevención de riscos relacionados co armado e montaxe de artes e aparellos. O obxectivo, a mais de xerar emprego e capacitar ás e aos participantes para un novo posto de traballo, foi visualizar este apartado concreto do sector pesqueiro, que, segundo informou o GALP da Ría de Muros e Noia, “polas súas peculiares características sempre foi un dos grandes esquecidos”.

Como resultado final, neste curso obtiveron o noso certificado un total de 17 mulleres e 2 homes, que agora poderán ter acceso á proba para alcanzar o certificado de profesionalidade de Confección e Mantemento de Artes e Aparellos e poder exercer así a súa profesión de modo independente.

Outros artigos

Os Trobeiros da Ponte ofrecen este sábado un concerto no Porto do Son

O clásico grupo Os Trobeiros da Ponte ofrecerá un concerto na Casa de Cultura do Porto do Son o vindeiro sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas. Trobeiros da Ponte é unha agrupación musical galega formada por un grupo de amigos apaixonados pola música que se converteu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.