O concurso para a elaboración do cartel e a postal de Nadal de Ribeira recibiu 350 traballos

02 Decembro 2020

O Concello de Ribeira, a través da Concellería de Cultura, vén de facer reconto das contribucións presentadas ao Concurso Escolar de Deseño do Cartel e Postal do Nadal. En total, foron enviados 350 traballos ao dito certame. Así quedou reflectido despois da reunión do xurado para determinar as persoas gañadoras en cada unha das modalidades.

Este xurado estivo formado por Eugenia Gómez Vidal, Antonio Pérez Pérez e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, persoas de recoñecida traxectoria no mundo da arte, e Juana Brión, concelleira de Educación do Concello de Ribeira, coa única intención de emitir o veredicto deste concurso.

Os traballos proceden dos CEP Carreira; CEIP de Palmeira; CEIP de Artes, CEEPR Amicos, CPR A Milagrosa, CEIP O Grupo, CPR Galaxia, CEIP de Frións e CEIP de Olveira.

Nos vindeiros días farase pública a identidade das persoas gañadoras.

A Concellería lembrou que este ano establécese un único premio de 120 € en vales de compra a investir no comercio local para o gañador do concurso na modalidade de cartel de Nadal e un único premio de 120€ en vales para o gañador do concurso na modalidade de postal de Nadal.

Decoración de fachadas e escaparates

O Concello tamén recordou a posta en marcha doutros dous certames festivos con premios monetarios: un de decoración de fachadas, balcóns e xardíns con premios por valor de 630 euros en vales de compra no consumo local, e outro de decoración de escaparates e de locais de hostalería con 600 euros en metálico por modalidade. Pódense consultar as bases na web municipal.

Outros artigos

Un ferido leve nun choque no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron ao aviso dun choque entre un vehículo e unha cabeza tractora. Unha das persoas implicadas resultou ferida leve e trasladada ao hospital. Completou o servizo a Policía Local. 

+

Ribeira acolle o 24-F unha xornada sobre facturación electrónica

A Fundación INCYDE e o Concello de Ribeira organizan este mes un evento formativo de transformación tecnolóxica para as pemes e as persoas autónomas. Estamos a falar da xornada Facturación Electrónica e Acceso á Plataforma do Sector Público, que está prevista para o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...