Comezaron as obras no exterior do CEP Salustiano Rey Eiras

16 Decembro 2020

O Concello de Pobra, da man da Concellería de Educación, comezou os labores no exterior do CEP Salustiano Rey Eiras. A actuación principal consistiu en formar unha soleira no campo, co fin de preparar o terreo e a compactación, ademais de colocar os bordos na xardineira, instalar un tubo de drenaxe para a evacuación da auga na área e botar unha malla intermedia, formigón e un acabado rugoso nas inmediacións.

Do mesmo xeito, efectuouse o cambio da canalización do desaugadoiro dende a pista ata o exterior do recinto e instaláronse tres arquetas de plástico.

A primeira parte da obra levouna a cabo Contrucciones Fariña y Lobeiras S.L, mentres que a intervención no desaugadoiro realizouna a empresa Elektro Batalla. O importe total foi de 1761,76 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.