O Concello de Boiro pide responsabilidades a Sanidade pola situación actual de contaxios locais

09 Decembro 2020

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, mantivo na mañá deste mércores 9 unha xuntanza telemática coa Consellería de Sanidade para recibir información sobre a situación epidemiolóxica no municipio. O rexedor transmitiu ás autoridades sanitarias autonómicas a súa inquietude “pola situación a que se chegou no municipio e o aumento de numero de caos activos”. Tamén lembrou que hai dúas semanas que foi detectado un incremento importante no número de novos contaxios, polo que se solicitou á Xunta un cribado masivo para atallar a situación. “Se as medidas se tivesen aplicado cando o solicitamos, non teríamos chegado a esta situación con tantos positivos activos”, laiouse o alcalde, pedindo a Sanidade que asuma as responsabilidades de que se tivera chega a esta situación.

O alcalde recordou que a primeira petición para o cribado masivo foi o 23 de novembro e a seguinte o 3 de decembro. Romero agradeceu tamén a predisposición e a implicación que neste momento esta tendo a area sanitaria de Santiago-Barbanza coa veciñanza de Boiro por reducir o numero de contaxios.

Na xuntanza informativa mantida esta maña, a secretaria xeral comunicou ou titular do Goberno boirense que “o numero de casos activos no municipio segue en aumento”, ao que lle respondeu o rexedor solicitando que de xeito periódico se faciliten os datos de casos activos ao Concello. “Os cribados realizados durante a fin de semana contaron cun 80% de participación, pero aínda seguen a realizarse probas, polo que non se dispón dos datos de casos positivos detectados”, explicou, engadindo que “estamos moi contentos coa resposta que a poboación esta tendo, tanto de asistencia ás probas masivas como de cumprimento das restricións, pero non imos baixar a garda e seremos contundentes cos controles para que se cumpran”.

Romero tamén lembrou que o persoal municipal segue a traballar arreo para levar a cabo medidas para a prevención e o control e frear a expansión do virus no municipio, por exemplo os operarios de Protección Civil (realizando a diario limpezas e desinfeccións en mobiliario urbano, perímetros de centros educativos e núcleos mais concorridos, unha tarefa para a que se solicitou tamén a colaboración do exército a través da Subdelegación do Goberno e aos Bombeiros, que realizan desinfeccións todos os luns), os axentes da Policía Local (que extreman as medidas de control para que se cumpran as restricións decretadas polas autoridades sanitarias en canto ao cumprimento do peche perimetral e evitar as aglomeracións). O alcalde tamén dixo que se solicitou a colaboración da Policía Autonómica para o control da poboación.

Outros artigos

San Vicente de Cespón celebra as festas do seu patrón

A parroquia boirense de San Vicente de Cespón celebra esta semana as festas na honra do seu patrón. Será unha festa en dúas quendas: por unha banda a vertente relixiosa que se concentra este mércores 22 e pola outra a troula nocturna do sábado 25 de xaneiro (a partir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...